Política de privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:

1. - Quen é o responsable do tratamento e o encargado do tratamento

O responsable do tratamento é a Axencia Galega da Industria Forestal (en diante, XERA), entidade adscrita á Consellería do Medio Rural, con domicilio en Avda. de Fernando de Casas Novoa, 38, 15.707, Santiago de Compostela (A Coruña), e con portal web https://xera.xunta.gal.

Encargado do tratamento: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento, mantemento, aloxamento e xestión do portal a través do que se dará acceso ás persoas usuarias do portal.

2. - Quen é o/a delegado/a de protección de datos

Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.

3.- Categorías de datos obxecto do tratamento

Para facilitar as distintas funcionalidades do Portal, trátanse datos identificativos facilitados polas persoas usuarias. En concreto, trátanse os seguintes datos:

  • Nome e apelidos.
  • Correo electrónico.
  • Enderezo postal (localidade e código postal).
  • Información relativa á actividade profesional (organización e cargo ou posto).
  • Imaxe, unicamente no caso de autorizar o seu tratamento no marco do programa de compromisos de #ElasXeranSector.

Máis información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades

4.- Orixe dos datos

Os datos son facilitados polas propias persoas usuarias do portal.

5.- Finalidades do tratamento e funcionalidades do Portal

Os datos solicitados no portal son tratados coas seguintes finalidades:

  • Respecto do nome e apelidos, correo electrónico, enderezo postal, información relativa á actividade profesional e a imaxe, coa finalidade de xestionar a súa participación no programa #ACTÚAexs e dar difusión a través dos medios de información corporativos (páxina web de Xera e redes sociais) da súa participación.
  • O seu nome e apelidos xunto co seu correo electrónico tamén será tratado para a xestión das mensaxes que vostede nos remita a través do formulario de contacto, coa finalidade de atender as súas solicitudes.
  • No caso de que vostede se subscriba ao boletín de novas de #ElasXeranSector, Xera tratará o dato relativo ao seu enderezo electrónico coa finalidade de remitirlle os citados boletíns.

6.- Lexitimación para o tratamento de datos persoais

A lexitimación para o tratamento de datos persoais fundaméntase no cumprimento dunha misión en interese público baseada na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Máis información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades

7. - Prazo de conservación dos datos

Os datos conservaranse ata que se cumpra coa finalidade disposta para funcionalidade deste portal, mentres sexa necesario para a determinación das responsabilidades que se puidesen derivar deste ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos e en todo caso, durante os prazos establecidos pola lexislación vixente en materia de arquivos e documentos (Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia).

8. - Cesión ou comunicacións dos datos

Os datos non serán obxecto de cesión ou comunicación a terceiros durante o seu tratamento ou unha vez cumpridos os seus fins, durante o seu prazo de conservación, salvo para o cumprimento de obrigacións legais específicas aplicables.

9. - Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais

O responsable do tratamento facilitará o exercicio dos dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son, entre outros:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.

As canles a través das cales se pode solicitar o exercicio dos dereitos son:

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A.
  • Presencial: presentando a súa solicitude firmada e por escrito en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.

No caso de persoas usuarias menores que teñan cumpridos 14 anos ou máis, poderán exercitar estes dereitos por si mesmas.

10. - Máis información

Pode ampliar esta información na seguinte ligazón.

11. - Modificación da Política de privacidade

A XERA resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámosche que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

Subscríbete

Si desexas recibir información sobre as actividades vinculadas a #ElasXeranSector, inscríbete no listado de distribución de correo electrónico.

Contacto
Instagram
LinkEdin