Navegación de segundo nivel
Taller formativo "A promoción profesional con perspectiva de xénero"
12/09/2022
Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na aplicación do principio de igualdade e de oportunidades na promoción profesional e, especialmente no acceso das mulleres para ocupar postos de responsabilidade.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 27 de setembro de 2022 de 16:00 a 20:00 h. permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Nesta ocasión contarase coa presenza de Antonio Cardenas, Responsable de RRHH de ABANCA que exporá a súa experiencia na promoción profesional con perspectiva de xénero.
Emprendemento femenino
12/07/2022
Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, nas seguintes liñas de apoio:
- Liña Emprende: incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
- Liña Activa: incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade.
- Liña ITEF: incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres.
- Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Programa Muller 22
04/07/2022
Convocatoria dos incentivos á contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo. A contratación deberá ser indefinida inicial, incluída a modalidade de fixos-descontinuos dun mínimo de 9 meses de duración, e cunha xornada a tempo completo.
Xuventude Mentoring
27/06/2022
Programa integral de formación e mentoring deseñado para favorecer a transición á vida laboral de xóvenes con estudos de grado ou de formación profesional, que inclúe: traballo con personas mentoras, actividades formativas, asistencia a eventos e visitas a empresas, seguimiento e asesoramiento continuado.
VIII Plan Estratégico de Igualdade 2022-2027
19/05/2022
VIII Plan Estratégico de Galicia para a Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027, instrumento de planificación froito do compromiso institucional para seguir avanzando en lograr a necesaria igualdade entre mulleres e homes
Programa formativo IMPULSA
04/03/2022
Programa formativo virtual para mellorar a empregabilidade e liderar con mais recursos e ferramentas a traxectoria profesional das mulleres residentes en Galicia, composto por obradoiros, masterclass, grupos de traballo, sesión de networking e grupos de acción para abordar as novas perspectivas do mercado laboral, coñecer novos enfoques de emprego e autoemprego.
Subscribe
If you wish to receive information about the activities related to #ElasXeranSector, sign up for the email distribution list.